REGULAMENTO CAMPIONATO GALEGO PROMESAS
CATEGORÍA PROMESAS INICIACIÓN
- Idades regulamentarias (infantil, precadete, cadete, xúnior e senior) e pesos oficiais.
- Sen grao mínimo para ningunha categoría.
- Excluir a todos os deportistas con máis de 100 puntos, sendo indiferente a o posto de ranking.
- Excluir para sempre a todos medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo President´s cup, Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría, incluida a infantil).
- Excluir para sempre a todos os membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Open de España, e Campionato de España).
- Excluir a todos os membros das distintas seleccións galegas en Openes non oficiais (tipo Zamora, Arrigorriaga, Basauri, L´Alcora, etc.), exclusivamente na categoría na que foran convocados no seu momento. Pero pederán participar en promesas INICIACIÓN cando cambien de categoría por idade.
- Excluir a todos os deportistas que ocupen as catro primeiras posicións do ranking, en calquera categoría, na data de peche da inscripción para o campionato promesas.
- Excluir a todos aqueles deportistas que xa gañaran dous anos consecutivos na mesma categoría, puidendo volver a participar no momento que, por idade, cambien de dita categoría.
- Excluir a todos os medallistas de categorías (de idade) precadete e infantil en campeonatos rankeables.
CATEGORÍA PROMESAS AVANZADOS
- Idades regulamentarias (precadete, infantil, cadete, xúnior e senior) e pesos oficiais.
- Sen grao mínimo para ningunha categoría.
- Excluir para sempre a todos os medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría).
- Excluir para sempre a todos os membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais excepto Open de España (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Campionato de España).
- Excluir a todos os membros das distintas seleccións galegas en Openes de España oficiais, exclusivamente na categoría na que foran convocados no seu momento. Pero pederán participar en promesas AVANZADOS cando cambien de categoría por idade.
- Excluir a todos os deportistas que ocupen a primeira e segunda posición do ranking, en calqueira categoría, na data de peche da inscripción para o campionato promesas.
Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorías infantil ou precadete, cando por idade sexan cadetes ou de categoría superior. Aclarar que teñen consideración de membros da selección Galega todos os deportistas que fosen convocados en algunha ocasión. Non terán tal consideración quenes solicitasen beca para asistir a algún evento, ainda que formasen parte do grupo da selección Galega.
Teranse en conta, por parte da dirección deportiva, a posibilidade de inclusión de deportistas que non cumplan as condicións, previa solicitude dos seus clubes, debidamente argumentada, en supostos tales como:
- Ser medallistas sen haber gañado ningún combate
- Ser medallista ou membro da selección galega, pero levar apartado do Taekwondo, e sen licencia federativa, un mínimo de cinco anos.
Que os clubes que non cumpran o regulamento sexan sancionados con unha sanción económica por cada deportista que non cumpra os requisitos do regulamento. (Esta sanción será de 10 € por cada deportista). No caso de clubes reincidentes a sanción doblarase a 20 € por deportista.
Se no día do campionato atopáranse irregularidades na inscrición, eliminarase ó deportista, sen reubicar ningún combate.
REGULAMENTO CAMPEONATO GALEGO ESCOLAR
- Sen grao mínimo para ningunha categoría.
- Excluir a todos os medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo Open de España ou similares, Campionatos de España,
sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría). - Excluir a todos os membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais excepto Open de España (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Campionato de España).
- Excluir a todos os deportistas que ocupen as duas primeiras posicións do
ranking, en calqueira categoría, na data do peche da inscripción. - Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorías infantil ou precadete, cando por idade sexan cadetes, pero non poderán participar en categoría infantil ou precadete.
Aclarar que teñen consideración de membros da selección Galega todos os deportistas que fosen convocados en algunha ocasión. Non terán tal consideración quenes solicitasen beca para asistir a algún evento, ainda que formasen parte do grupo da selección Galega.
Teranse en conta, por parte da dirección deportiva, a posibilidade de inclusión de deportistas que non cumplan as condicións, previa solicitude dos seus clubes,
debidamente argumentada, en supostos tales como:
- Ser medallistas nacionais ou internacionais sen haber gañado ningún combate.
Que os clubes que non cumpran o regulamento sexan sancionados con unha sanción económica por cada deportista que non cumpra os requisitos do regulamento. (Esta sanción será de 10 euros por cada deportista). No caso de clubes reincidentes a sanción doblarase a 20 euros por deportista.

