REGULAMENTO FGT DE PESAXE E SORTEO DE CATEGORÍAS

1. Ámbito de aplicación.

 

O presente regulamento será de aplicación para todos os campionatos organizados pola FGT así como para campionatos de organización privada onde colabore a FGT e a Direción de Arbitraxe de Combate.

 

As diretrices citadas a continuación serán de obrigado cumprimiento indistintamente de se aparecen reflexadas na circular oficial do campionato.

 

 

2. Sedes de pesaxe.

 

2.1. Horarios.

 

Os seguintes horarios poderán modificarse en función das necesidades do evento. Tomaránse como referencia os indicados a continuación:

 

  • Ribeira: Clube Natural Sport. De 16:15 a 18:15 horas.
  • A Coruña: Clube Garrapucho. De 16:00 a 18:00 horas.
  • Marín: Clube Mat ́s. De 15:30 a 17:30 horas.
  • Vigo: Clube Seungsport. De 16:00 a 18:00 horas.
  • Lugo: Clube Valerics. De 16:00 a 18:00 horas.
  • Villalba: Clube Jansu. De 16:00 a 18:00 horas.
  • Ourense: Clube Couto. De 13:00 a 15:00 horas.
  • CGTD. De 11:45 a 13:45 horas. Exclusivamente para deportistas autorizados do centro.

 

2.2. Duración da pesaxe.

 

A duración do pesaxe poderase prolongar ate 2 horas como máximo dende o inicio do horario establecido en circular. Sempre que o competidor non fose apto tras realizar o primeiro pesaxe e necesitase de tempo extra para preparar o segundo.

 

No caso de que a sede conte cunha duración de 1 hora, o deportista poderá contar co tiempo máximo de 2 horas sempre que se presentase para realizar o primeiro pesaxe oficial dentro do marxe horario que estipúlase para a sede en cuestión.

 

2.3. Solicitudes extraordinarias de pesaxe.

 

2.3.1. Solicitudes de pesaxe no campionato.

 

As solicitudes de pesaxe no pavillón, o día da competición, poderán solicitarse ata antes da hora de inicio do primiro pesaxe en sede oficial. Estas solicitudes deberán xustificarse e aprobarse pola Direción de Arbitraxe da FGT, xa que únicamente se autorizarán para casos excepcionáis.

 

Os deportistas deberán presentarse na mesa central 30 minutos antes do inicio da súa categoría na xornada correspondente.

 

A responsabilidade de realizar a pesaxe será do deportista. No caso de haber comezado a categoría na que participa sen haberse presentado anteriormente á pesaxe, procederase á descalificación automática do deportista por decisión da Direción de Arbitraxe de Combate da FGT.

 

2.3.2. Solicitudes de pesaxe no CGTD.

 

As solicitudes de pesaxe na sede do CGTD, para deportistas alleos ao centro, deberán xustificarse e aprobarse pola Direción de Arbitraxe da FGT, xa que únicamente se autorizarán para casos excepcionáis.

 

O coach encargado do CGTD responsabilizarase de comunicar á Direción de Arbitraxe de combate da FGT os deportistas que, sendo do centro, realizarán a pesaxe na sede.

 

2.3.3. Solicitudes de pesaxe en clubes.

 

As solicitudes de pesaxe nos clubes distintos ás sedes oficiáis, deberán solicitarse antes do peche da inscrición definitiva.

 

Os horarios aos que se poderá optar para a realización da pesaxe nos clubes limitaranse dentro do marxe dos horarios previstos para as sedes oficiáis. Nin antes do horario de inicio da primeira pesaxe en sede oficial, ni despóis do horario de finalización da última pesaxe en sede oficial. Os horarios deberán axustarse ás necesidades do resto de solicitudes, dando prioridade ás pesaxes oficiais.

 

Os clubes poderán solicitar a pesaxe mediante conexión telemática, sempre que non sexa posible a asistencia dun colexiado de maneira presencial. A Direción de Arbitraxe de combate da FGT indicará as condicións da pesaxe aos clubes que así o soliciten.

 

Os clubes non afiliados á FGT que asistan a eventos de organización privada, terán do mesmo modo opción a solicitar a pesaxe telemática.

 

O clube solicitante farase cargo da gratificación que terá que percibir o árbitro. A cuota será de 30 euros (netos), añadindo 0’19 euros por kilómetro ademáis de abonar os peaxes no caso de habelos.

 

2.3.4. Comunicación das modificacións.

 

As peticións indicadas no punto 2.3. deste regulamento deberán solicitarse á Direción de Arbitraxe de combate da FGT por escrito (arbitraxe@taekwondogalego.com) e esperar á súa aprobación.

 

 

3. Modificacións no listado definitivo de inscritos.

 

Será obrigatorio indicar a sede de pesaxe correspondente a cada deportista no momento de realizar a inscrición.

 

Para realizar cambios transcurrido o peche da inscrición definitiva, referentes a inscribir a un coach ou realizar cambios de peso, deberá abonarse a cuota estipulada en circular (10 euros en campionatos oficiáis organizados pola FGT). Este pago nunca será realizado ao árbitro na sede de pesaxe.

 

En campionatos oficiais realizados por a FGT non serán admitidas inscricións transcurrido o peche da inscrición definitiva.

 

3.1. Modificacións previas a pesaxe.

 

Tras o peche da inscrición provisional, facilitarase un período de 3 días naturáis para a realización de cambios sen coste algún para os clubes.

 

Os clubes están obrigados a notificar as modificacións pertinentes respecto dos seus deportistas tan pronto teñan coñecemento destes.

 

A eliminación dun deportista ou coach do listado de inscritos no conlevará coste para os clubes.

 

3.1.1. Comunicación das modificacións.

 

As modificacións indicadas no punto 3.1. deste regulamento deberán solicitarse á Direción de Arbitraxe de combate da FGT por escrito (arbitraxe@taekwondogalego.com) e esperar á súa confirmación.

 

3.2. Modificacións durante a pesaxe.

 

3.2.1. Comunicación das modificacións.

 

As modificacións realizadas durante a pesaxe deberán notificarse directamente ao árbitro de sede. 

 

3.2.2. Campionato Galego Oficial (FGT).

 

Os cambios de peso permitiranse ata antes de subir á báscula para realizar o primeiro turno de pesaxe oficial.

 

O competidor que solicite o cambio de categoría de peso durante a pesaxe estará obrigado a pesarse novamente para ser considerado apto na nova categoría á que opta.

 

Non se permitirá cambiar de peso a aqueles deportistas que solicitasen pesarse o día do campionato.

 

3.2.2. Campionato Galego Escolar e Campionato Galego Promesas e Veteráns (FGT).

 

Os cambios de peso permitiranse:

  • Antes de subir á báscula para realizar o primeiro turno da pesaxe oficial.
  • Despóis de realizar o segundo turno da pesaxe oficial.

 

O competidor que solicite o cambio de categoría de peso durante a pesaxe estará obrigado a pesarse novamente para ser considerado apto na nova categoría á que opta.

 

Sí se permitirá cambiar de peso a aqueles deportistas que solicitasen pesarse o día do campionato.

 

Na fase autonómica do Campionato Galego Escolar, ningún deportista poderá cambiar de categoría de peso.

 

3.2.4. Campionato Ranqueables (RG).

 

Os cambios de peso permitiranse:

  • Antes de subir á báscula para realizar o primeiro turno da pesaxe oficial.
  • Despóis de realizar o segundo turno da pesaxe oficial.

 

O competidor que solicite o cambio de categoría de peso durante a pesaxe estará obrigado a pesarse novamente para ser considerado apto na nova categoría á que opta.

 

Non se permitirá cambiar de peso a aqueles deportistas que solicitasen pesarse o día do campionato.

 

3.3. Modificacións posteriores á pesaxe.

 

Esistirán as seguintes opcións para aqueles deportistas que non conten con oponentes na súa categoría de peso tras a finalización da pesaxe.

 

Tras a realización da pesaxe en todas as sedes, a Direción de Arbitraxe contactará cós coaches dos deportistas que cumpran a característica anterior para que decidan sobre as opcións descritas a continuación.

 

A liquidación ou non deste cambio, estará condicionada polo que describa sobre esta casuística a circular oficial do campionato.

 

3.3.1. Campionato Ranqueable (RG). Categorías ranqueables.

 

  • Se optan por non cambiar de categoría de peso: entregaráselles a medalla de ouro e os puntos correspondentes. Terán a obriga de presentarse no pavillón.
  • Se optan por cambiar de categoría de peso: o competidor terá a obriga de presentarse novamente á pesaxe o día da competición para ser apto na nova categoría na que opta participar.

 

3.3.2. Campionato Ranqueable (RG). Categorías no ranqueables.

 

  • Se optan por non cambiar de categoría de peso: entregaráselles a medalla de ouro e os puntos correspondentes. Terán a obriga de presentarse no pavillón.
  • Se optan por cambiar de categoría de peso: o competidor non terá a obriga de presentarse novamente á pesaxe o día da competición.

 

 

4. Protocolo de pesaxe. 

 

Os deportistas estarán obrigados a presentar o DNI ou equivalente (todo documento oficial identificativo con fotografía) para identificarse ante o árbitro de sede. Se carece deste documento, a causa da idade do deportista, deberá presentarse acreditación da FGT con fotografía actualizada. Os deportistas que non presenten a documentación anteriormente citada non terán permitido realizar a pesaxe, polo que quedarán eliminados do listado de competidores inscritos.

 

Esistirá un marxe de 500 gramos para todas as categorías. O marxe se permitirá por exceso de peso, nunca por defecto.

 

A primeira pesaxe que realice o deportista contará sempre como pesaxe de proba. No caso de ser apto na pesaxe de proba, o colexiado rexistrará ese peso como primeiro turno de pesaxe oficial. 

 

Non permitirase o uso de tapig, escayolas o vendaxes de calquer tipo durante a realización da pesaxe.

 

4.1. Normativa específica. Campionatos Ranqueables (RG) e Campionatos Galegos Oficiáis (FGT).

 

Os menores de 18 anos deberanse pesar en dobok, roupa deportiva lixeira ou roupa interior. Non terán permitido pesarse desnudos.

 

Os maiores de 18 anos deberanse pesar en roupa deportiva lixeira, roupa interior ou desnudos.

 

4.2. Normativa específica. Campionato Galego Escolar e Campionato Galego Promesas e Veteráns (FGT).

 

Na fases provinciais e fase autonómica do Campionato Galego Escolar esistirá un marxe de 1 kilogramo para todas as categorías. O marxe se permitirá por exceso de peso, nunca por defecto.

 

Nas fases provinciais e fase autonómica do Campionato Galego Escolar, así como no Campionato Promesas, os competidores menores de 18 anos deberán pesarse obrigatoriamente en dobok ou roupa deportiva lixeira. Non terán permitido pesarse en roupa interior ou desnudos.

 

Os maiores de 18 anos deberanse pesar en roupa deportiva lixeira, roupa interior ou desnudos.

 

4.3. Normativa específica. Pesaxes por medios telemáticos.

 

Ningún deportista poderase pesar desnudo.

 

Atenderase ás normas específicas que amplíen a anterior directriz, sen contradecila, según o tipo de campionato para o que se está a realizar a pesaxe.

 

5. Procedimento arbitral.

 

  • Impresión do listado de inscritos. Todos os árbitros de pesaxe deberán levar consigo o listado de inscritos facilitado pola Direción de Arbitraxe.

 

  • Verificación da báscula.

 

  • Verificación da identidade do deportista (DNI ou equivalente).

 

  • Anotación no listado de todos os deportistas asistentes á pesaxe, indicando o peso correspondiente.

 

  • Anotación na aplicación de pesaxe de todos os deportistas asistentes á pesaxe, indicando o peso correspondiente. Seguindo a seguinte nomenclatura:
    • Apto (deportistas pesados correctamente).
    • Eliminar (confirmación do coach da no asistencia do deportista á pesaxe).
    • Cambio (solicitude, do coach ou deportista, de cambio de categoría de peso ao árbitro durante a pesaxe).
    • No presentado (non asistentes á pesaxe).

 

  • Notificación á Direción de Arbitraxe tras a finalización da pesaxe (mediante o canal de comunicación establecido a tal efeto) de:
    • Deportistas inscritos erróneamente en dúas categorías de peso. Indicando nome completo.
    • Cambios de peso. Indicando nome completo do deportista e a qué categoría de peso solicita o cambio.
    • Deportistas non presentados á pesaxe. Indicando nome completo.

 

 

6. Normativa de sorteo de categorías. 

 

6.1. Realización do sistema de cuadrantes «campionato B».

 

Non se poderá implementar para as categorías de peso que conten con 1, 2, 3, 5 e 6 competidores.

 

6.2. Máximo de deportistas por categoría de peso.

 

Existirá un máximo de 4 deportistas por peso que poderán participar inscritos polo mesmo clube. A partir dese número, o clube deberá inscribir ao resto dos seus deportistas nun «clube asociado».

 

Esta eleción deberá notificarse á Direción de Arbitraxe de combate da FGT por escrito (arbitraxe@taekwondogalego.com) antes do horario de inicio do primeiro pesaxe en sede oficial. No caso de non haber realizado a elección en tempo e forma, será a Direción de Arbitraxe da FGT quen tome a decisión por sorteo.

 

6.3. Inscrición dobre de deportistas.

 

Os deportistas afiliados á FGT non poderán participar en dúas categorías rankeables.

 

Nos campionatos rankeables (RG) onde se contemple, permitirase inscribir ao mesmo deportista nunha categoría rankeable e nunha non rankeable (sempre que cumpra coa idade especificada na circular).

 

6.4. Contabilización de puntos.

 

Aqueles deportistas de categorías rankeables que se encontrasen sós na súa categoría de peso, e opten por non cambiar, terán a obriga de presentarse igualmente ao campionato para recibir a medalla e poder contabilizar os puntos obtidos que lle correspondan.

 

6.5. Cabezas de serie.

 

Haberá un máximo de 2 cabezas de serie en categorías de 7 ou menos competidores e un máximo de 4 cabezas de serie nas categorías de 8 ou máis competidores. Os cabezas de serie ordenaranse acorde a súa puntuación no ranking.

 

No caso de empates nos puntos de ranking, para poder asignar unha orden aos cabezas de serie, consultarase a clasificación do último campionato, priorizando no caso de empate ao que conseguise a mellor posición (no caso de 2 bronces, o bronce que perdera co ouro). No caso de cambio de categoría e no caso de empate a puntos de ranking con outro competidor (despóis de actualizar os puntos do competidor que cambiase de peso), terá prioridade como cabeza de serie aquel competidor que non houbese cambiado de categoría.

 

Por acordo da asamblea xeral da FGT, no caso de coincidir 2 cabezas de serie do mismo clube polo mesmo lado do sorteo (cabezas de serie 1 e 4 ou cabezas de serie 2 e 3), o competidor co posto máis baixo dos dous, correrá un posto.

 

Os cabezas de serie distribuiranse acorde á puntuación do ranking que os competidores teñan na data de peche de inscrición definitiva do campionato correspondente.

 

Anexo I

App de pesaxe da FGT.

 

Print Friendly, PDF & Email