CRITERIOS PARA CONVOCATORIA DE ÁRBITROS

  1. Ter a licencia e colexiatura en vigor, no momento da publicación da convocatoria oficial.
  2. Asistir como mínimo a un dos reciclaxes anuais organizados pola FGT.

 

· O incumplimento dos citados criterios, será motivo de non convocatoria, indistintamente da categoría que ostente o colexiado. 

 

· Calquera integrante do equipo arbitral da FGT que asista como colexiado invitado a un evento deportivo organizado por entidades deportivas privadas ou federacións distintas á RFET deberá notificalo por escrito á Dirección de Arbitraxe indicando os días e lugar do evento.

 

· Calquera que asista ás sedes oficiais ou a petición dos clubes como xuíz de pesaxe, deberá estar colexiado.

 

 

A Dirección de Arbitraxe da FGT resérvase o dereito de, en circunstancias excepcionais, modificar os puntos anteriormente citados.

Print Friendly, PDF & Email