REGULAMENTO DO DEPARTAMENTO DE TÉCNICA

REGULAMENTO DO DEPARTAMENTO DE TÉCNICA (Aprobado CD 18/04/2021) (Actualización Asamblea 16/03/2024)

 

MEMBROS DA SELECCIÓN GALEGA:

1.- O equipo oficial para participar no Campionato de España e Open de España estará formado polo número un do ranking de individual e os campións galegos do resto de categorías, quedando o resto de prazas, si as houbese, a criterio técnico.

 

2.- En caso de empate no número 1 do ranking, prevalecerá aquel que obtivera mellor resultado no campionato de maior puntuación.

 

3.- O equipo oficial para participar no resto de competicións seleccionadas polo equipo técnico, será decisión do mesmo.

 

EQUIPOS GAL:

 

A creación de equipos GAL supón a melloría do combinado galego, así como unha maior competitividade nos campionatos estatais, ao permitir conformar estes equipos cos deportistas de maior nivel da nosa comunidade. Estes serán creados a criterio do corpo técnico da selección galega, pero ningún deportista estará obrigado a formar parte dos mesmos, é dicir, se terá sempre en conta á vontade do deportista e dos seus adestradores.

 

Para solicitar formar parte dunha parella ou trío GAL é necesario figurar no ranking galego, con independencia do número de puntos que se teñan, adicionalmente os directores de Club tamén poderán facer solicitudes de deportistas con contrastado currículo vía mail á DT que será a encargada de aprobar ou rexeitar a mesma.

 

Unha vez formados os equipos GAL os deportistas/directores de Club deberán confirmar a aceptación/renuncia dese equipo GAL.

 

Os equipos GAL baixo ningún concepto suporán a exclusión dos campións galegos da selección para o Campionato de España e Open de España. Estes só poderán participar cando a RFET permita a inscrición de máis dun representante por categoría. Si só se permite un representante por categoría estes serán os campións galegos.

 

Estes equipos GAL poderán participar noutros eventos, como: Ópens Rankeables, Copa Presidente e demais eventos que considere oportuno o corpo técnico desta FGT.

 

De cara a posibles subvencións os resultados dos equipos GAL se lle computarán ao equipo que teña en porcentaxe maior número de participantes (Exemplo: un trío GAL no que dous deportistas son do clube X e un deportista do clube Z, o resultado computa para o clube X). En caso de que non haxa maioría de participantes ese resultado non computará para ningún clube, a non ser que os propios clubes se poñan de acordo. Este punto refírese soamente a posibles subvencións, o resultado do equipo GAL constará no expediente do deportista e do clube pero se a nivel subvención soamente se lle puidera computar a un clube faríase dese xeito. En caso de que haxa cambios nos criterios de subvencións a Comisión Técnica decidiría como e a quen computar os resultados.

 

 

INDUMENTARIA:

 

Campionatos galegos ou de Ranking: Asistirase co dobok do Clube.

 

Campionatos de ámbito nacional: Os convocados/becados pola FGT asistirán co dobok da selección galega.

 

Campionatos de ámbito internacional: Os convocados/becados pola FGT poderán participar có dobok de España, no seu defecto deberán competir co dobok da Galega

 

RANKING DE TÉCNICA:

 

A finalidade do ranking é establecer un criterio de ponderación obxectiva por puntos, que permita valorar aos deportistas para formar a selección galega. Este sistema permite coñecer, en cada momento da tempada, en que posición do ranking se atopa cada deportista, que se terá en conta para realizar as convocatorias da selección galega. Soamente os deportistas con licenza galega poden formar parte deste ranking, os puntos se conseguirán só se no momento de lograr un resultado o/a deportista tiña nese momento licenza Galega en vigor.

O ranking proposto será de aplicación para as seguintes categorías:

 

Adulto Técnica individual

Infantil Técnica individual

Adulto Freestyle individual

 

O ranking será actualizado e publicado na web de FGT tras cada competición.

 

 

Táboa de puntos:

 

 

 

Normas de puntuación:

 

1.- Os puntos teñen unha duración dun ano, é dicir, un campionato substitúe ao mesmo do ano anterior (por exemplo: os puntos do campionato de España do 2018 perden ó seu valor tras o campionato de España do 2019).

 

2.- En caso de cambio de categoría os puntos da última tempada perderán un 50% do seu valor ao ano seguinte. (por exemplo: unha competidora ouro en júnior que cambia a sénior 1 só suma a metade dos puntos obtidos na categoría júnior).

 

3.- Os deportistas que non cumpran coas normas de indumentaria serán sancionados coa perda dos puntos que obtiveran nesa competición. (*Ver apartado Indumentaria)

 

Torneos Ranking GAL:

 

Terán consideración de Torneos Ranking GAL aqueles designados pola FGT cada tempada. Non existe límite de torneos ranking GAL, pero a efectos de puntuación, só se terán en conta os 3 mellores resultados conseguidos por cada deportista, pudendo participar en cantos torneos desexe (por exemplo: unha rapaza que é ouro no Open A, ouro no Open B, prata no Open C e bronce no Open D, contará cos puntos do Open A, Open B e Open C, por ser os tres mellores resultados).

 

Torneos Ranking FET:

 

Terán consideración de Torneos Ranking FET aqueles designados pola Federación Española para cada tempada. So serán rankeables aqueles que conten con, como mínimo, tres competidores por categoría ao momento da inscrición. Non existe límite de participación neste tipo de torneos, pero a efectos de puntuación so se terán en conta os 2 mellores resultados de cada deportista.

 

Financiación:

 

Todos os deportistas poden solicitar acudir aos Open Internacionais ( agás Open de España) nos que participe unha representación da Selección Galega, sempre que estean en posesión de polo menos 90 puntos, según o réxime de financiación establecido:

 

201 o más puntos 100%

151 a 200 puntos 75%

121 a 150 puntos 50%

90 a 120 puntos 25%

89 o menos puntos 0%

 

 

A táboa de financiación poderá ser modificada pola FGT en función das circunstancias económicas de cada momento, pero mantendo sempre esta proporcionalidade.

 

A financiación se realiza en base á aportación da FGT para cada open, podendo non ser o custo total do desprazamento.

 

Os convocados polo corpo técnico seguirán asistindo coa subvención máxima da aportación da FGT, independentemente dos puntos que teñan.

 

NORMATIVA PARA VIAXES:

 

Comunicación de viaxe:

 

En moitas ocasións descoñecemos o presuposto ou a que viaxes vai a acudir a Selección Galega polo que para poder outorgar becas a deportistas que poidan ser becados/convocados pola FGT todos os directores de Club deberán informar mediante e-mail á Dirección Técnica con copia á FGT da participación dos seus deportistas. En caso que non exista notificación por parte do Club dos deportistas, estes perderán calquera opción de financiación.

 

Organización das viaxes:

 

Se un deportista compra o billete antes de saber que está becado/convocado poderá viaxar pola súa conta (en caso de menores acompañados polo seu responsable) pero deberá aloxarse obrigatoriamente coa FGT, estando no lugar e hora de concentración que lle sexa comunicado así coma cumprir co resto das condicións impostas polos técnicos da FGT. Ademais debería ter comunicado, tal e como se reflexa no apartado 5.1. Comunicación da Viaxe, a súa intención para viaxar ao evento.

 

Unha vez publicada a convocatoria, os deportistas poderán chegar ao lugar e á hora de concentración marcados polo corpo técnico da maneira que desexen sempre que se comunique á Dirección Técnica coa antelación suficiente. En caso de non ser comunicado este deportista deberá asumir o custe da viaxe.

 

 

DECISIÓNS TÉCNICAS ANTE RENUNCIAS:

 

Existen dous motivos xustificados para a renuncia a unha convocatoria:

*Enfermidade/lesión (aportarase parte médico)

*Estudios, traballo ou motivos persoais/familiares graves (aportarase xustificación)

Ademais no caso de saídas internacionais con copago poderán alegarse problemas económicos (a ter en conta pola FGT)

 

No caso de que se produza unha renuncia non xustificada por parte dun deportista os técnicos reservaranse a facultade de convocatoria para vindeiras ocasións dese deportista segundo os seguintes criterios técnicos:

 

Deportista convocado ao 100%*: Non volverá a estar convocado pola FGT ata o inicio da seguinte tempada, entendéndose o inicio da tempada unha vez realizados o Cto. de España e Open de España.

 

Deportista convocado con copago: Non será convocado nas súas 2 seguintes convocatorias.

 

 

 

REGULAMENTO DE TORNEOS RANKING GAL:

 

Terán consideración de Torneos Ranking GAL os que cumpran cos seguintes criterios:

 

1.- Prazo de solicitude: 1 xullo o 31 de agosto de cada tempada.

2.- Solicitude: Enviando un e-mail a: direcciontecnica@taekwondogalego.gal, con copia á FGT.

3.- Cumprir con tódolos requisitos aprobados pola Comisión de Ranking GAL.

4.- Ó final de cada tempada a directora de arbitraxe fará un informe de avaliación de cumprimento dos requisitos do Ranking GAL.

 

Tras a finalización do prazo de solicitude, farase unha convocatoria da comisión de ranking dende a dirección técnica, esta estará formada por:

 

1.- 1 representante de cada torneo.

2.- 1 representante da dirección de arbitraxe da FGT.

3.- Responsable do ranking galego.

4.- Director/a técnico/a da FGT.

 

A asistencia a esta comisión non é obrigatoria para os representantes dos torneos baixo a súa propia responsabilidade, pois alí tomaranse certas decisións que todos os torneos ranking GAL deberán respectar.

 

Propósito:

 

Tal e como se aprobou na Asamblea de Febreiro de 2019 todos os torneos Ranking GAL terán a mesma valoración de puntos. Non existe límite de participación nos torneos ranking GAL, pero a efectos de puntuación, só se terán en conta os 3 mellores resultados conseguidos por cada deportista, pudendo participar en cantos torneos desexe (por exemplo: unha rapaza que é ouro no Open A, ouro no Open B, prata no Open C e bronce no Open D, contará cos puntos do Open A, Open B e Open C, por ser os tres mellores resultados).

 

Inscricións:

 

Todas as inscricións faranse obrigatoriamente a través da páxina Web da FGT.

 

O prezo das inscricións será:

 

Categoría infantil: 10€ por unha proba +5€ por cada proba a maiores.

É dicir un deportista que compita en Técnica Infantil paga 10€ pero se fai técnica e Freestyle paga 15€.

 

Categoría Adulto: 15€ por unha proba +5€ por cada proba a maiores.

É dicir un adulto competindo en individual paga 15€ e se fai a maiores Parella pagaría 20€.

 

IMPORTANTE: O día de peche de inscrición o pago de inscricións do Club debe estar realizado. Soamente se publicará listado das inscricións pagadas.

 

Método de Competición:

 

A competición de categorías ranqueables rexerase polo regulamento oficial da WT.

 

Os deportistas non poderán competir nun mesmo campionato en Categoría Infantil e Adulta.

 

Un deportista adulto poderá competir nun máximo de catro probas, dúas de técnica e dúas de Freestyle.

 

As categorías ranqueables serán por sistema de corte a excepción das categorías Sénior 1 e Sénior 2 que se farán por enfrontamento. En sénior 1 e Sénior 2 farase enfrontamento sempre que haxa un mínimo de seis deportistas inscritos e os cabezas de serie serán por Ranking puro independentemente do Clube ao que pertenzan. Soamente se marcarán dous cabezas de serie, salvo que haxa 11 ou máis deportistas que se marcarán 4.

 

Uniformidade:

 

Poderá utilizarse o dobok de cor correspondente á categoría ou o Dobok branco tradicional.

 

Arbitraxe:

 

Todos os Clubes poderán nominar a dous árbitros debidamente colexiados e titulados pero será a Dirección de Arbitraxe de Técnica a que publique a lista definitiva de árbitros seleccionados.

As categorías ranqueables faranse en media xornada e o pago dos árbitros será:

 

Árbitro Nacional: 35€

Árbitro Rexional: 25€

Xuíz de Mesa: 20€

 

Trofeos:

 

Todos os organizadores de Torneos GAL deberán aportar un mínimo de nove trofeos: 3 para a Xeral de Técnica, 3 para a xeral de Freestyle e 3 para a Xeral conxunta de Técnica e Freestyle.

 

Publicación de Resultados/Ranking:

 

Os organizadores deberán enviar os resultados nun prazo máximo de 10 días á FGT con copia a : direcciontecnica@taekwondogalego.gal

A posteriori faranse públicos os resultados e actualización do ranking na páxina web da FGT.

En caso de que un deportista de fora de GALICIA saque medalla NON se correrá a lista para os puntos

 

Incumprimento de regulamento:

 

Os torneos que se publiciten coma ranking GAL e non cumpran os requisitos estipulados pola comisión de ranking perderán a condición de rankeables.

 

Print Friendly, PDF & Email