REGULAMENTO FGT COMISIÓN DE CAMPIONATO

  1. Ámbito de aplicación.

O presente regulamento ten como obxectivo regular a figura da Comisión de Campionato (CC en adiante) para todos os campionatos nos que esté presente a Federación Galega de Taekwondo dentro do ámbito competencial da mesma. 

 

  1. Duración.

A CC será constituída en cada campionato para as funcións descritas no presente regulamento. 

 

  1. Membros.

Para campionatos da disciplina de combate: 

    • Presidente da Federación Galega de Taekwondo, que ostentará a Presidencia da CC. 
    • Representante do Departamento de Arbitraxe de Combate.
    • Representante da Direción Deportiva da modalidade de combate. 
    • Organizador da competición.
    • Delegado do clube elixido por sorteo. 
    • Delegado do clube elixido por sorteo. 

 

Para campionatos da disciplina de técnica: 

    • Presidente da Federación Galega de Taekwondo, que ostentará a Presidencia da CC.
    • Representante do Departamento de Arbitraxe de Técnica.
    • Representante da Direción Deportiva da modalidade de técnica. 
    • Organizador da competición.
    • Delegado do clube elixido por sorteo. 
    • Delegado do clube elixido por sorteo. 

 

Nos campionatos nos que ambas disciplinas, combate e técnica, sexan desenvoltas ao mesmo tempo, unha comisión mixta será conformada por: 

    • Presidente da Federación Galega de Taekwondo, que ostentará a Presidencia da CC.
    • Representante do Departamento de Arbitraxe de Combate.
    • Representante do Departamento de Arbitraxe de Técnica.
    • Representante da Direción Deportiva da modalidade de combate. 
    • Representante da Direción Deportiva da modalidade de técnica. 
    • Organizador da competición.
    • Delegado do clube elixido por sorteo da modalidade de combate. 
    • Delegado do clube elixido por sorteo da modalidade de técnica. 

 

O Presidente da Federación Galega de Taekwondo poderá delegar en calquer membro da CC as función da Presidencia. 

 

Os membros da CC serán os mesmos para todo o campionato coa excepción de: 

 

1. Cando un membro da comisión esté implicado nunha reclamación, ben por unha solicitude de sanción por tarxeta amarela, un escrito oficial dalgún colexiado ou pola reclamación dun delegado de clube o procedemento a seguir será: 

 

A) Cando o implicado sexa o Diretor de Arbitraxe, Diretor Deportivo ou o Organizador do evento: A CC elixirá por maioría a un representante maior de idade do departamento ao que pertenza o implicado.

 

B) Cando o implicado esté federado polo clube elixido por sorteo: Será sustituido polo clube suplente elixido por sorteo na reunión de delegados que designe o Presidente da CC.

 

No caso descrito no apartado B, a eleción do clube suplente será extraordinaria para a resolución dese caso concreto de implicación. Unha vez sexa resolto a CC será formada para novas convocatorias cos membros titulares orixinales. 

 

2. No caso de que o Diretor Deportivo coincida coa figura da organización, manterase como Organizador, e este, designará a un sustituto do corpo técnico para ocupar a representación da Direción Deportiva.

 

3. No caso de que un clube elixido por sorteo non teña a ningún membro que cumpla as condicións necesarias para ser Delegado ou acabase a súa xornada no campionato, será sustituido por outro clube suplente. Quedando constituída a comisión dese xeito para o resto do campionato.

 

3.1. Eleción dos clubes por sorteo.

O Presidente da CC establecerá o método de sorteo para a eleción dos clubes elixidos  que formarán parte da comisión. Sortearanse catro clubes, dous titulares e dous suplentes. 

 

Os clubes que formarán parte do sorteo serán os reflexados na inscrición definitiva que conten con competidores nela tras a realización do sorteo de categorías. 

 

O sorteo dos clubes deberá realizarse o mesmo día do campionato, antes do inicio deste, en reunión de delegados. 

 

Os clubes elixidos poderán delegar en calquer integrante do seu equipo sempre que sexa maior de idade. 

 

  1. Convocatoria.

Os membros da CC serán convocados por o Presidente nos seguintes casos: 

 

1º. Cando, na modalidade de combate, unha solicitude de sanción por tarxeta amarela sexa declarada polo árbitro central no transcurso ou ao término dun combate. 

 

2º. Cando, nun tapiz, un membro do equipo arbitral solicite á CC, mediante o escrito oficial destinado a tal fin, a evaluación dun determinado acto cometido por un técnico, deportista, árbitro, delegado de clube ou membro da grada. 

 

3º. Cando un delegado de clube interpoña ante a CC unha reclamación tras o correspondente abono ao Presidente da comisión da cuota especificada en circular. 

 

4º. Cando calquer membro titular da comisión solicite a súa convocatoria.

 

  1. Competencias.

A Comisión de Campionato é competente para resolver as cuestións que puidesen xurdir durante o desenvolvemento da competición. Sexa motivada por os casos descritos no artigo 4 deste regulamento ou por calquer outro motivo que precise da súa convocatoria.

 

Para os puntos 1º, 2º e 4º do artigo 4, o Presidente da CC, sempre baixo a premisa de non causar un perxuizo irreparable ao implicado, decidirá previamente á convocatoria da CC, permitir ou non o técnico, deportista, árbitro ou delegado de clube seguir exercendo as súas funcións no campionato e acceder á área de competición (quedando excluída a zona de quecemento) ata que a resolución definitiva da CC indique o contrario ou amplíe esta medida. 

 

Cando a comisión sexa convocada para os casos 1º, 2º e 4º do artigo 4 poderá desestimarse o caso ou interpoñerse algunha ou unha combinación das medidas descritas a continuación: 

 

1º. Advertencia por parte da CC e anotación no rexistro interno do Departamento de Arbitraxe da FGT para consultas sobre reincidencia do implicado en futuras convocatorias da comisión. A posible reincidencia terase en conta por parte da CC para a deliberación do caso. 

 

A acción de tirar o protector PSS de cabeza ao chan, tanto por o competidor como por o técnico, poderá ser advertida por o Presidente da CC sen necesidade de convocar á comisión. Se este o considera necesario, por a gravidade dos actos acaecidos, poderá convocar á CC.

 

2º. Suspensión das súas funcións temporalmente durante o campionato. A CC deberá indicar a limitación temporal puidendo ser de minutos, xornadas (mañá ou tarde) ou completa (o resto do campionato).

 

3º. Prohibición de acceso á pista de competición, excluíndo de esta á zona de quecemento.

 

4º. Prohibición de acceso a toda a pista de competición, incluindo de esta á zona de quecemento.

 

5º. Prohibición de acceso ao pavillón de competición. Para este caso o Presidente da CC será o encargado de contactar coas autoridades competentes para proceder a desaloxar ao implicado se fose preciso.

 

6º. Eelevar o expediente á Comisión de Disciplina Deportiva da Federación Galega de Taekwondo. 

 

Calquer mostra de arrepentimento por parte do implicado será valorado positivamente por a comisión no momento da deliberación. 

 

  1. Procedemento de actuación da CC (casos 1º, 2º e 4º do Artigo 4).

1º. O reclamante entregará ao Presidente da CC o escrito oficial (excepto no caso 4 do Artigo 4). 

 

2º. Tras recibir a solicitude de convocatoria da comisión, o Presidente da mesma procederá a informar aos membros.

 

3º. Realizarase unha lectura do escrito presentado ante a comisión nos casos 1, 2 e 3 do Artigo 4 e unha exposición dos motivos para a convocatoria no caso 4 do Artigo 4.

 

4º. A comisión escoitará, en todo caso, o testemuño do asinante do escrito así como o do implicado.

 

5º. A comisión escoitará, en caso de habelas, a declaración das testemuñas aportadas por o denunciante e o implicado (indistintamente de se aparecen ou non reflexados no escrito oficial de convocatoria da CC).

 

6º. A comisión deliberará sobre as posibles consecuencias que conleven os actos do implicado puidendo recabar todas as probas e solicitando a comparecencia das testemuñas que estime oportuno. 

 

7º. A comisión votará a man alzada por maioría simple a resolución definitiva do caso. 

 

8º. O Presidente da CC elaborará a resolución definitiva sendo asinada por todos os  seus membros.

 

Se foi preciso a comparecencia de testemuñas, deberase indicar: os seus nomes, a súa declaración e as funcións desempeñadas durante o campionato. 

 

9º. O Presidente da CC comunicará ao implicado a resolución definitiva en presenza do Organizador.

 

O implicado poderá asinar a notificación da resolución, indicando o seu nome completo e DNI, conforme foi informado do contido da mesma, sen conlevar a aceptación da decisión ou a renuncia dunha posible reclamación en futuras instancias. No caso de ser menor de idade asinará o delegado do clube no que está federado o deportista.

 

  1. Procedemento de actuación da CC (caso 3º do Artigo 4).

Os delegados de clube poderán interpor ante a CC unha reclamación tras o correspondente abono ao Presidente da comisión da cuantía especificada en circular. 

 

O Presidente da CC entregará o resgardo do abono da cuantía. O importe será devolto se a resolución é favorable para o reclamante.

 

As reclamacións deberán interpoñerse no mesmo momento no que aconteza o acto que motivou a presentación do escrito ante a CC. A comisión estipulará para cada caso se a reclamación se presentou en tempo e forma. 

 

As reclamacións non poderán versar, sendo desfavorables no caso de presentarse, sobre accións decididas previamente no sistema de VR por os colexiados. 

 

O reclamante poderá aportar as probas que estime oportunas, sendo valoradas por a CC como válidas ou inválidas. 

 

  1. Modificacións do regulamento. 

A Asamblea da Federación Galega de Taekwondo delegará na Comisión Delegada da FGT as futuras modificacións puntuáis do presente regulamento. Todos os cambios realizados por a Comisión Delegada deberán ratificarse por a Asamblea da FGT.

Print Friendly, PDF & Email