ACLARACIONS REGULAMENTOS POOMSAE E FREESTYLE

Consulta feita ao persoal da Federación Española de Taekwondo o 27 de marzo de 2022:

  1. Páxina 28 do Regulamento de Poomsae da RFET: «Obrigacións do árbitro», os puntos 3 e 5 non valen. Quedaría como se indica a continuación:
  • Se un/ha competidor/a se para e volve empezar un poomsae, os xuíces volverán a puntuar a execución do poomsae e lle descontarán cada un/ha un 0,6 da nota de técnica. Ademáis teran en conta este restart na nota de presentación. É dicir, se un/ha competidor/a se para e volve empezar, os xuíces puntúan dende a nota de partida de técnica de 4,00 e 6,00 de presentación, descontarían os erros cometidos durante a segunda execución e ao rematar, descontarían -0,6 da puntuación de precisión técnica. Ademáis de rebaixar a nota de presentación que vaian dar. Ou, pódese partir directamente dunha nota de precisión de técnica de 3,4 e telo en conta na nota de presesntación. En ambolos dous casos, a nota final sería a mesma.

2. FREESTYLE:

  • O único elemento obrigatorio que teñen que facer TODOS os compoñentes dunha parella o un equipo é o TUIO YOP CHAGUI, e ten que se facer simultáneamente por todos.
  • O número máximo de pasos que se pode dar para coller carreira ao facer calquera acción é 5, pero non se penalizará con -0,1 entre 6 e 8 pasos e con -0,3 a partir de 8, senon que se terá en conta na nota de presentación no apartado da Expresión da enerxía.
  • As caídas en freestyle penalízanse con -0,3 por xuíz da súa nota final.
  • Se algún/ha competidor/a non fai algún dos elementos obrigatorios, pero fai o resto por orden, ponse un cero no apartado que non executa e o resto se puntúa con normalidade. Por exemplo, se unha competidor/a non fai o tuio yop-chagui, pero fai o resto de elementos: salto múltiple ap, xiro, combinación de combate e acrobacia, poríase un cero no apartado de tuio-yop chagui e o resto do exercicio se puntuaría con normalidade.

 

 

Print Friendly, PDF & Email