CAMPIONATO GALEGO PROMESAS

REGULAMENTO

CAMPEONATO GALEGO PROMESAS

         O contexto actual non é o mesmo que fai anos, xa que se realizan un gran número de torneos de combate en Galicia, coñecidos por RG, o que falicita a rodaxe de deportistas durante todo o ano.

Debido a evolución do Taekwondo nos últimos tempos, principalmente do Taekwondo Galego, é preciso facer un regulamento que defenda principalmente @s deportistas de nivel mais baixo na modalidade de combate, sexa cal sexa o motivo deste nivel (adestran pouco, levan pouco tempo adestrando, nunca competiron…).

Por iso, este regulamento contempla a categoría A e a categoría B, para dar cabida a moita xente e ó mesmo tempo, protexer dalgunha maneira, a deportistas que o necesitan, e que tamén precisan un espacio para practicar a sua disciplina dunha forma mais amateur.

No caso de que se inscriban pouc@s deportistas en algunha categoría, poderánse unificar os pesos por proximidade (pesos olímpicos). Incluso en senior, si fose preciso por falta de inscritos, farase unha soa categoría.

 

CATEGORÍA PROMESAS A

  • Idades regulamentarias (cadete, xúnior e senior) e pesos oficiais. Ademáis incluir as categorías alevín e infantil cos seus pesos correspondentes.
  • Grao mínimo, cinturón amarelo.
  • Excluir para sempre a tod@s @s medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo President´s cup, Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría, incluida a infantil).
  • Excluir para sempre a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Open de España, e Campionato de España).
  • Excluir a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en Openes non oficiais (tipo Zamora, Arrigorriaga, Basauri, L´Alcora, etc.), exclusivamente na categoría na que foran convocad@s no seu momento. Pero pederán participar en promesas A cando cambien de categoría por idade.
  • Excluir a tod@s @s deportistas que ocupen as duas primeiras posicións do ranking, en calqueira categoría, na data do peche da inscripción para o campionato promesas.
  • Excluir a tod@s aqueles deportistas que xa gañaran dous anos consecutivos na mesma categoría, podendo volver a participar no momento que, por idade, cambien de dita categoría.

 

CATEGORÍA PROMESAS B

  • Idades regulamentarias (cadete, xúnior e senior) e pesos oficiais. Non hai categoría infantil.
  • Grao mínimo, cinturón laranxa.
  • Excluir para sempre a tod@s @s medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría).
  • Excluir para sempre a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais excepto Open de España (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Campionato de España).
  • Excluir a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en Openes de España oficiais, exclusivamente na categoría na que foran convocad@s no seu momento. Pero pederán participar en promesas B cando cambien de categoría por idade.
  • Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorías infantil ou alevín, cando por idade sexan cadetes ou de categoría superior.

Aclarar que teñen consideración de membros da selección Galega tod@s @s deportistas que fosen convocad@s en algunha ocasión. Non terán tal consideración quenes solicitasen beca para asistir a algún evento, ainda que formasen parte do grupo da selección Galega.

Teranse en conta, por parte da dirección deportiva, a posibilidade de inclusión de deportistas que non cumplan as condicións, previa solicitude dos seus clubes, debidamente argumentada, en supostos tales como:

Ser medallistas sen haber gañado ningún combate

Ser medallista ou membro da selección galega, pero levar apartado do Taekwondo, e sen licencia federativa, un mínimo de cinco anos.

Que os clubes que non cumpran o regulamento sexan sancionados con unha sanción económica por cada deportista que non cumpra os requisitos do regulamento. (Esta sanción será de 10 € por cada deportista). No caso de clubes reincidentes a sanción doblarase a 20 € por deportista.

Deste xeito tratase de evitar que aparezcan inscrit@s e poidan colarse nas posteriores revisións.

 

DIRECCIÓN DEPORTIVA – 2019

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email