CAMPIONATO ESCOLAR COMBATE

REGULAMENTO

CAMPEONATO GALEGO ESCOLAR

  • Idades regulamentarias de deporte escolar (alevín, infantil e cadete) e pesos oficiais.
  • Grao mínimo, cinturón amarelo para alevín e infantil e cinturón verde para cadete.
  • Excluir a tod@s @s medallistas nacionais ou internacionais (Openes internacionais tipo Open de España ou similares, Campionatos de España, sexan de seleccións ou de clubes en calqueira categoría).
  • Excluir a tod@s @s membros das distintas seleccións galegas en campionatos oficiais excepto Open de España (Openes internacionais fora das nosas fronteiras ou Campionato de España).
  • Excluir a tod@s @s deportistas que ocupen as duas primeiras posicións do ranking, en calqueira categoría, na data do peche da inscripción.
  • Admitir, e polo tanto permitir a participación de medallistas nacionais ou internacionais en categorías infantil ou alevín, cando por idade sexan cadetes, pero non poderán participar en categoría alevín ou infantil.

 

Aclarar que teñen consideración de membros da selección Galega tod@s @s deportistas que fosen convocad@s en algunha ocasión. Non terán tal consideración quenes solicitasen beca para asistir a algún evento, ainda que formasen parte do grupo da selección Galega.

 

Teranse en conta, por parte da dirección deportiva, a posibilidade de inclusión de deportistas que non cumplan as condicións, previa solicitude dos seus clubes, debidamente argumentada, en supostos tales como:

Ser medallistas nacionais ou internacionais sen haber gañado ningún combate.

 

Que os clubes que non cumpran o regulamento sexan sancionados con unha sanción económica por cada deportista que non cumpra os requisitos do regulamento. (Esta sanción será de 10 € por cada deportista). No caso de clubes reincidentes a sanción doblarase a 20 € por deportista.

Deste xeito tratase de evitar que aparezcan inscrit@s e poidan colarse nas posteriores revisións.

 

DIRECCIÓN DEPORTIVA – 2019

Print Friendly, PDF & Email