FORMACIÓN ARBITRAXE DE COMBATE

XESTOS ARBITRAIS

 

Vídeo Xestos Arbitrais

 

 

CUOTAS DO CURSO

 

– Xuiz Cronometrador ……………………. 66,00 €

– Árbitro Rexional …………………………… 102,00 €

– Árbitro Nacional …………………………… 169,00 €

 

RECICLAXE

 

– Árbitros COLEXIADOS …………………………… GRATIS

– Monitores e adestradores …………………………… GRATIS

– Árbitros NON COLEXIADOS …………………………… 20,00 €

 

GRAOS E REQUISITOS

 

Para Xuíz Cronometrador: Grao mínimo Cinto AZUL. Idade 14 anos cumpridos o día de realización do curso.

 

Para Árbitro Rexional: Grao mínimo Cinto Negro 1º DAN. Colexiación actual como xuiz cronometrador. Idade 15 anos cumpridos o día de realización do curso.

 

Para Árbitro Nacional: Grao mínimo Cinto Negro 2º DAN. Colexiación actual como árbitro rexional. Idade 16 anos cumpridos o día de realización do curso.

 

· IMPORTANTE: Elimínase o tempo mínimo de permanencia de 1 ano entre categorías, anteriormente imposto pola RFET. Calquera colexiado podreá promocionar no curso seguinte á categoría superior correspondente sen tempo de espera sempre que cumpra as condicións según categoría. 

 

CRITERIOS EXAMES

Para os exames dos grupos de titulación de árbitro nacional e árbitro rexional será necesario obter un 5 na proba teórica e na proba práctica.

 

Para o exame do grupos de titulación de xuíz cronometrador será necesario obter un 5 na proba teórica. Non contarán con proba práctica.

 

Para o exame do grupos de reciclaxe de xuíz cronometrador, árbitro nacional e árbitro rexional será necesario obter un 7 na proba teórica. De xeito xeral non contarán con proba práctica. A Direción de Arbitraxe da FGT poderá examinar a determinados colexiados, se así o precisa, nunha proba práctica.

 

A Direción de Arbitraxe de combate da FGT, en todo caso, resérvase o dereito de modificar estes criterios de exame según as circunstancias do curso e sen comunicación previa.

 

Print Friendly, PDF & Email