CRITERIOS CONVOCATORIA ARBITRAL

  1. Ter a licencia e colexiatura en vigor.
  2. Asistir como mínimo a un dos reciclaxes anuais organizados pola FGT. Ou asistir ás actualizacións extraordinarias obrigatorias organizadas pola FGT no caso de que existisen.
  3. Anotarse como árbitro voluntario (no grupo de comunicacións arbitráis) para optar a ser convocado pola Direción de Arbitraxe de combate da FGT. A inclusión neste grupo deberá solicitarse á Direción de Arbitraxe por escrito que valorará a inclusión do colexiado, tendo que cumprir os requisitos anteriores.

 

O incumprimento dos tres criterios citados anteriormente, poderá ser motivo de non convocatoria, indistintamente da categoría que ostente o colexiado. Así mesmo poderá ser motivo de non inclusión no canle de comunicacións oficiais do departamento de Arbitraxe de Combate da FGT.

 

  • Para a convocatoria de árbitros, a realización de equipos para cada tapiz, a posible rotación dos colexiados ou o reparto de funcións de responsabilidad que a Direción de Arbitraxe de combate da FGT vexa oportuno otorgar a determinados colexiados, para campionatos realizados en Galicia e según as circunstancias do campionato, poderá terse en conta o desempeño demostrado polo colexiado, frente a outros compañeiros, en campionatos anteriores (que será valorado pola Direción de Arbitraxe de combate da FGT ou en quen delegue), o número estimado de asistencias a campionatos, o nivel de formación que precisa un determinado colexiado ou as funcións de responsabilidade que desempeña.

 

  • Unha vez se publique a convocatoria oficial realizada pola Direción de Arbitraxe de combate da FGT, os colexiados reflexados nela terán a obriga de asistir ao campionato ao que foron convocados oficialmente. A xustificación de non asistencia ao campionato pola renuncia da praza ocupada na convocatoria oficial será considerada pola Direción de Arbitraxe de combate da FGT como válida, ou non válida, tras a valoración pertinente.

 

  • A Direción de Arbitraxe de combate da FGT poderá convocar extraordinariamente aos colexiados precisos, ben por renuncias de prazas ocupadas na convocatoria oficial ou ben por necesidades específicas do campionato. Esta convocatoria, non precisará de publicación, únicamente de comunicación directa por escrito da Direción de Arbitraxe de Combate da FGT ao colexiado en cuestión (polo medio que o responsable de esta considere).

 

  • Para a convocatoria de árbitros nas fases provinciais do Campionato Escolar de Combate terán preferencia aqueles colexiados que o seu clube esté afincado na provincia correspondente.

 

  • Para a convocatoria de árbitros para campionatos realizados fora de Galicia, tanto para eventos privados ou organizados pola RFET, según as circunstancias do campionato, poderá terse en conta o desempeño demostrado polo colexiado en campionatos anteriores realizados en Galicia frente a outros compañeiros. Este desempeño será valorado pola Direción de Arbitraxe de combate da FGT ou en quen delegue.

 

  • Calquera integrante do equipo arbitral da FGT que asista como colexiado invitado a un evento deportivo organizado por entidades deportivas privadas ou federacións distintas á RFET, sempre que a Direción de Arbitraxe de combate da FGT non realice a convocatoria oficial, deberá notificalo por escrito, mediante correo electrónico á Direción de Arbitraxe, indicando os días e lugar de realización do evento.

 

  • No caso de coincidencia dun campionato realizado en Galicia cun evento deportivo organizado por entidades deportivas privadas ou federacións distintas á RFET, terá prioridad o primeiro. Os colexiados con invitación a ese evento coincidente, deberán solicitar autorización por escrito mediante correo electrónico á Direción de Arbitraxe de Combate da FGT, e esperar á súa resposta. Esta última dependerá da necesidade da súa presencia no campionato local.

 

  • A convocatoria dos colexiados asistentes as sedes de pesaxe, tanto oficiais como privadas, será en base á cercanía ou disponibilidade horaria. Esta convocatoria, non precisará de publicación, únicamente de comunicación directa por escrito da Direción de Arbitraxe de Combate da FGT ao colexiado en cuestión.

 

A Direción de Arbitraxe de combate da FGT, en todo caso, resérvase o dereito de modificar todos os puntos anteriormente citados según as circunstancias do campionato e sen comunicación previa.

Print Friendly, PDF & Email