ACORDOS DE ASAMBLEA

Acordos

16-03-2024

  • Os campionatos escolares de exhibición celebraranse cos escolares de técnica.
  • Nos campionatos de exhibición que se realicen en Galicia os participantes terán plena liberdade para maquillarse ou usar outros utensilios ademáis dos mits ou manoplas para facer os seus exercícios, sempre e cando sexan de materiais brandos, como goma ou plástico brando, e que podia ser usados na defensa personal, na indumentaria ou como soporte para os golpeos, así como petos para a defensa persoal ou para facer apoios. Nunca se podrán usar obxectos que poidan danar aos competidores, nin ser usados como reivindicación política, social, etc.
  • Na Copa Deputación en modalidade competitiva, pasan o autonómico o 50% dos participantes ou N + 1 se son impares e todos os que estén empatados coa nota de corte (sen desfacer os empates).
  • Os campionatos autonómicos podrán empezar ás 9:00 da maña, se fose necesario.
  • A Copa Xunta de Galicia podrá durar un día e medio se a inscrición así o require.
  • Nas categorías de poomsae adulto que se celebren por enfrontamentos, se hai entre 6 e 10 participantes eliminaranse os cabezas de serie 3 e 4, e a partir de 11 participantes manteránse os 4 cabezas de serie.
  • Nas competición de poomsae infantil engadiránse as categorías de parellas A e parellas B, para adecuar o regulamento á modificación da RFET. Soamente se poderá participar nunha categoría de parella.

As categorías quedarán establecidas como segue:

– Parellas Benxamin

– Parellas Alevín

– Parellas Infantil

– Parellas Cadete Infantil

– Parellas Xuvenil

– Parellas A (7-10 anos)

 

  • A categoría BENXAMÍN non terá límite de idade (por abaixo) para que se corresponda coa categoría marcada pola RFET.
  • A inscripción de todos os campionatos que se realicen a través da FGT visualizaranse en tempo real.
  • Non será necesario asistir a recoller a medalla para que se contabilice o posto acadado sempre que o deportista esté só na súa categoría.
  • Nos campionatos escolares e promesas, a partir de 4 días antes da realización da pesaxe, as baixas que se notifiquen liquidaranse como un cambio de peso, incluindo as baixas comunicadas o mesmo día da pesaxe ou no propio campionato. Sempre e cando o clube conte cun mínimo de 10 competidores e notifiquen a baixa dun 30 % ou máis destes.
  • Modificacións do Regulamento de inscripción do Campionato Galego Promesas:
    • Modifícase a nomenclatura das categorías en: INICIACIÓN (anteriormente categoría “A”) e AVANZADOS (anteriormente categoría “B”).
    • As categorías precadete e infantil dividiranse en Iniciación e Avanzados quedando a decisión a boa fé dos técnicos a hora de realizar a inscripción.
    • En Cadete, Xunior e Absoluto en na categoría de INICIACIÓN non se permite a participación dos catro primeiros cabezas de serie.
    • En Cadete, Xunior e Absoluto na categoría de AVANZADOS non se permite a participación do primeiro cabeza de serie.
  • Equipárase a retribución dos árbitros de sede de pesaxe oficial cas sedes privadas a 30€.
  • O Campionato Promsas podrá durar un día e medio se a inscrición así o require.
  • O Campionato Galego Escolar de Combate mantén o formato actual coa imposibilidad de inscribir os 2 primeiros clasificados do ranking.
  • O club Jansu de Vilalba contará con unha sede oficial de pesaxe.
  • Incrementáronse todas as gratificacións dos árbitros dos campionatos galegos en 5€.
  • Incrementáronse os salarios das saídas dos técnicos en 10€.
  • Nos campionatos promesas, escolares e similares aplicarase a táboa de potencias e axuste de pesos adxunta. Podendo valorarse a súa aplicación nos torneos rankeables para categoría infantil e precadete.

23-04-2021

  • Anotar os nomes dos votos a favor das propostas se a persoa que fai a proposta o solicita.

 

  • Amplíase a licencia de iniciación a DOUS ANOS para os deportistas comprendidos entre os 3 e os 5 anos (24 € neste momento) e sen contar a licencia do último trimestre, xa que esta non computará a efectos de licencia completa.

 

  • Creación da licencia inclusiva a custe 0 (cun límite de 35 licencias por ano para toda Galicia) que permita que os menores en risco de exclusión social poidan practicar taekwondo nos clubs galegos, sempre aportando o certificado da asociación o institución que estea a cargo do menor. Cada club será libre de facer uso desta nova licencia. D. Juan Carlos López Eiriz limita as licencias a dúas por club ata cubrir o tope das 35.

 

  • Creación da Comisión de Ranking de Combate coas seguintes funcións:

Distribución racional das datas dos torneos, cotas, requisitos para entrar a formar parte del circuíto RG, medidas a cumprir por cada torneo para non perder a condición de RG, avaliación do cumprimento das medidas e retirada da condición de RG se procede, estudio de propostas externas para un mellor funcionamento do circuíto, prazo de solicitude para organizar torneos RG.

A Comisión estará formada por: O Presidente da FGT, un representante de cada torneo RG, o Director Deportivo da FGT e oDirector de Arbitraxe de combate da FGT.

 

  • Uso de pantalla obrigatorio no Campionatos PROMESAS de combate na Categoría Junior A e B.     

 

  • Acórdase que se habilitará transporte para os deportistas da zona de A Coruña, ben cun microbús ou taxi, dependendo do número de competidores que haxa que recoller.

 

  •  Puntuará para o ranking de combate UN G1 ou G2 DE EUROPA da lista que decida a Dirección Deportiva cada ano, en función do que rankee para a RFET, tendo a posibilidade de ir a todos, pero puntuando so o mellor resultado.

 

  • Se entregarán camisa e garavata aos árbitros e xuíces nacionais en canto cheguen á Federación.

 

  • Se crea unha Comisión para crear Eventos dirixidos ao deporte base a cargo de Rubén Taboada (Kwon Betanzos), Pedro Rodríguez Garrapucho (GARRAPUCHO) e Alejandro Carreño (Tk Denodo), Sabela Lonja (Tkd Sada) para que estudien e presenten formatos á Federación para que ésta colabore.

 

  • Creación da licenza e kup dixital no perfil de cada deportista. Aqueles deportistas ou clubs que prefiran ter a licenza e os carnés de kups unicamente en formato impreso, poderán solicitalo por e-mail á FGT.

 

  • Os envíos de kups, diplomas… faranse unha vez por trimestre, o que reducirá considerablemente o gasto da FGT en correo e facilitaría a labor administrativa.

 

  • Un deportista pode cambiar a súa licenza de club un máximo de UNHA VEZ na temporada SEN CUSTE ADICIONAL. A partires do segundo cambio pagaría o total da licencia autonómica.

Para solicitar este cambio deberá realizarse o seguinte procedemento de xeito rigoroso:

Cubrir Modelo de Solicitude (enviarase aos clubs e se aloxará na web da FGT) na que o deportista/director do club saínte e o novo director de club dan o seu consentimento asinando o arquivo e quedando a data de sinatura como constancia para o cambio.

Así mesmo non poderán realizarse cambios ata pasados 30 días dende a última competición/evento/actividade… na que se rexistrara a este deportista, xa que a efectos de rexistro de resultados podería xerar algún conflito administrativo.

Compre remarcar que os resultados que obteña o deportista sempre estarán reflectidos no seu historial, pero quedarán soamente reflectidos no historial do club onde se conseguiron nese momento. Recoméndase que os directores de club comproben o seu palmarés cando se efectúen estes cambios para que todo estea en orde á hora de solicitar certificados acreditativos.

 

  • Cambio de Grado mínimo nos Campionatos Escolares de Técnica quedando do seguinte xeito:

Benxamín: Branco- amarelo

Alevín: Amarelo

Infantil: Amarelo-laranxa

Cadete infantil: Laranxa

Se algún deportista con grao inferior ao marcado pola RFET estivera nas primeiras posicións do ranking correríase a lista ao seguinte clasificado para formar a selección galega.

 

  • Se crean as categorías de parellas e tríos nos Ctos. Galegos Escolares de Técnica seguindo os límites de cinto e categorías de idade.

 

  • Se aproba manter o Copago para as saídas da da FGT.

 

  •  O Campionato Autonómico Infantil que se vai celebrar o vindeiro día 29 de Maio será rankeable en Galicia.

 

15/02/2020

 

  1. REMUNERACIÓNS DOS TÉCNICOS: 40 € por media xornada en Galicia, 50 € por unha xornada en Galicia, 60 € por día que se viaxe fóra de Galicia incluíndo incluso 30 € por medio día a maiores cando se viaxa de volta e se chega ao mediodía.

 

  1. UTILIZACIÓN DE ÁRBITROS IMPARES nas competicións oficiais. (Nos absolutos tres árbitros e resto de competicións un ou tres en función das posibilidades).

 

  1. ADESTRAMENTOS CGTD: Todos @s deportistas con nivel contrastado poderán adestrar periodicamente no CGTD previa aprobación do corpo técnico (mínimo medallistas nacionais e previa solicitado según modelo oficial da FGT).

 

  1. NON DAR UN PUNTO POR COMPETIDOR nos campionatos xa sexan Galegos Oficiais ou de Ranking para a suma da clasificación por equipos.

 

  1. COMUNICAR SANCIÓNS EN TEMPO E FORMA: Calquera sanción disciplinaria deberá ser comunicada en tempo e forma polos condutos oficiais correspondentes, inclusive as normas de réxime interno.

 

  1. BECAS FGT: As becas según puntuación de ránking, serán concedidas a todos os solicitantes con independencia de que participen coa selección Galega ou cos seus clubes.

 

  1. PUNTUACIÓNS DOS RGs: Todos os campionatos de ránking terán o mesmo valor (este será determinado, como ata agora, pola comisión delegada). PENDENTE DE QUE A COMISIÓN DELEGADA ESTABLEZA A PUNTUACIÓN.

 

  1. CANTIDADE DE RGs: Cada deportista soamente sumará un máximo de catro torneos de ranking (serán os catro mellores resultados). PENDENTE DE QUE SE ELABORE O DOCUMENTO QUE ESTABLEZA O QUE SE DEBE TRASLADAR Ó SOFTWARE.

 

  1. LIMITE DE PARTICIPACIÓN: Eliminase o límite de participación por club.

 

  1. PROTECCIÓNS: As categorías de base poderán levar calquera protección de TAEKWONDO aínda que non estea homologada (coa obrigatoriedade de que o bucal sexa branco ou transparente)

 

  1. ENVÍO DE RECORDATORIO: Deberá enviarse un recordatorio das normativas vixentes no que se refire as condicións das Viaxes da FGT, renuncias e aceptacións das becas….

 

  1. RESULTADOS CLUBS/DEPORTISTAS: Que os resultados obtidos por un deportista nun club queden reflexados no historial de nomeado club aínda que o deportista cambie de club e arrastre o seu historial deportivo persoal:

 

Print Friendly, PDF & Email