ACORDOS DE ASAMBLEA

Acordos

23-04-2021

  • Anotar os nomes dos votos a favor das propostas se a persoa que fai a proposta o solicita.

 

  • Amplíase a licencia de iniciación a DOUS ANOS para os deportistas comprendidos entre os 3 e os 5 anos (24 € neste momento) e sen contar a licencia do último trimestre, xa que esta non computará a efectos de licencia completa.

 

  • Creación da licencia inclusiva a custe 0 (cun límite de 35 licencias por ano para toda Galicia) que permita que os menores en risco de exclusión social poidan practicar taekwondo nos clubs galegos, sempre aportando o certificado da asociación o institución que estea a cargo do menor. Cada club será libre de facer uso desta nova licencia. D. Juan Carlos López Eiriz limita as licencias a dúas por club ata cubrir o tope das 35.

 

  • Creación da Comisión de Ranking de Combate coas seguintes funcións:

Distribución racional das datas dos torneos, cotas, requisitos para entrar a formar parte del circuíto RG, medidas a cumprir por cada torneo para non perder a condición de RG, avaliación do cumprimento das medidas e retirada da condición de RG se procede, estudio de propostas externas para un mellor funcionamento do circuíto, prazo de solicitude para organizar torneos RG.

A Comisión estará formada por: O Presidente da FGT, un representante de cada torneo RG, o Director Deportivo da FGT e oDirector de Arbitraxe de combate da FGT.

 

  • Uso de pantalla obrigatorio no Campionatos PROMESAS de combate na Categoría Junior A e B.     

 

  • Acórdase que se habilitará transporte para os deportistas da zona de A Coruña, ben cun microbús ou taxi, dependendo do número de competidores que haxa que recoller.

 

  •  Puntuará para o ranking de combate UN G1 ou G2 DE EUROPA da lista que decida a Dirección Deportiva cada ano, en función do que rankee para a RFET, tendo a posibilidade de ir a todos, pero puntuando so o mellor resultado.

 

  • Se entregarán camisa e garavata aos árbitros e xuíces nacionais en canto cheguen á Federación.

 

  • Se crea unha Comisión para crear Eventos dirixidos ao deporte base a cargo de Rubén Taboada (Kwon Betanzos), Pedro Rodríguez Garrapucho (GARRAPUCHO) e Alejandro Carreño (Tk Denodo), Sabela Lonja (Tkd Sada) para que estudien e presenten formatos á Federación para que ésta colabore.

 

  • Creación da licenza e kup dixital no perfil de cada deportista. Aqueles deportistas ou clubs que prefiran ter a licenza e os carnés de kups unicamente en formato impreso, poderán solicitalo por e-mail á FGT.

 

  • Os envíos de kups, diplomas… faranse unha vez por trimestre, o que reducirá considerablemente o gasto da FGT en correo e facilitaría a labor administrativa.

 

  • Un deportista pode cambiar a súa licenza de club un máximo de UNHA VEZ na temporada SEN CUSTE ADICIONAL. A partires do segundo cambio pagaría o total da licencia autonómica.

Para solicitar este cambio deberá realizarse o seguinte procedemento de xeito rigoroso:

Cubrir Modelo de Solicitude (enviarase aos clubs e se aloxará na web da FGT) na que o deportista/director do club saínte e o novo director de club dan o seu consentimento asinando o arquivo e quedando a data de sinatura como constancia para o cambio.

Así mesmo non poderán realizarse cambios ata pasados 30 días dende a última competición/evento/actividade… na que se rexistrara a este deportista, xa que a efectos de rexistro de resultados podería xerar algún conflito administrativo.

Compre remarcar que os resultados que obteña o deportista sempre estarán reflectidos no seu historial, pero quedarán soamente reflectidos no historial do club onde se conseguiron nese momento. Recoméndase que os directores de club comproben o seu palmarés cando se efectúen estes cambios para que todo estea en orde á hora de solicitar certificados acreditativos.

 

  • Cambio de Grado mínimo nos Campionatos Escolares de Técnica quedando do seguinte xeito:

Benxamín: Branco- amarelo

Alevín: Amarelo

Infantil: Amarelo-laranxa

Cadete infantil: Laranxa

Se algún deportista con grao inferior ao marcado pola RFET estivera nas primeiras posicións do ranking correríase a lista ao seguinte clasificado para formar a selección galega.

 

  • Se crean as categorías de parellas e tríos nos Ctos. Galegos Escolares de Técnica seguindo os límites de cinto e categorías de idade.

 

  • Se aproba manter o Copago para as saídas da da FGT.

 

  •  O Campionato Autonómico Infantil que se vai celebrar o vindeiro día 29 de Maio será rankeable en Galicia.

 

15/02/2020

 

  1. REMUNERACIÓNS DOS TÉCNICOS: 40 € por media xornada en Galicia, 50 € por unha xornada en Galicia, 60 € por día que se viaxe fóra de Galicia incluíndo incluso 30 € por medio día a maiores cando se viaxa de volta e se chega ao mediodía.

 

  1. UTILIZACIÓN DE ÁRBITROS IMPARES nas competicións oficiais. (Nos absolutos tres árbitros e resto de competicións un ou tres en función das posibilidades).

 

  1. ADESTRAMENTOS CGTD: Todos @s deportistas con nivel contrastado poderán adestrar periodicamente no CGTD previa aprobación do corpo técnico (mínimo medallistas nacionais e previa solicitado según modelo oficial da FGT).

 

  1. NON DAR UN PUNTO POR COMPETIDOR nos campionatos xa sexan Galegos Oficiais ou de Ranking para a suma da clasificación por equipos.

 

  1. COMUNICAR SANCIÓNS EN TEMPO E FORMA: Calquera sanción disciplinaria deberá ser comunicada en tempo e forma polos condutos oficiais correspondentes, inclusive as normas de réxime interno.

 

  1. BECAS FGT: As becas según puntuación de ránking, serán concedidas a todos os solicitantes con independencia de que participen coa selección Galega ou cos seus clubes.

 

  1. PUNTUACIÓNS DOS RGs: Todos os campionatos de ránking terán o mesmo valor (este será determinado, como ata agora, pola comisión delegada). PENDENTE DE QUE A COMISIÓN DELEGADA ESTABLEZA A PUNTUACIÓN.

 

  1. CANTIDADE DE RGs: Cada deportista soamente sumará un máximo de catro torneos de ranking (serán os catro mellores resultados). PENDENTE DE QUE SE ELABORE O DOCUMENTO QUE ESTABLEZA O QUE SE DEBE TRASLADAR Ó SOFTWARE.

 

  1. LIMITE DE PARTICIPACIÓN: Eliminase o límite de participación por club.

 

  1. PROTECCIÓNS: As categorías de base poderán levar calquera protección de TAEKWONDO aínda que non estea homologada (coa obrigatoriedade de que o bucal sexa branco ou transparente)

 

  1. ENVÍO DE RECORDATORIO: Deberá enviarse un recordatorio das normativas vixentes no que se refire as condicións das Viaxes da FGT, renuncias e aceptacións das becas….

 

  1. RESULTADOS CLUBS/DEPORTISTAS: Que os resultados obtidos por un deportista nun club queden reflexados no historial de nomeado club aínda que o deportista cambie de club e arrastre o seu historial deportivo persoal:

 

Print Friendly, PDF & Email